LogoTeléfono de reservas: 638828492 (Pablo) - 676352254 (Ana)
Correo: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

  • Exterior de la casa

    O fogar dos teus sonos

    A casa está situada nunha contorna de gran beleza rodeada por dous ríos de augas cristalinas.

    Leer máis ...

  • Casa Vilarello

    Casa Vilarello

    A casa Vilarello está composta de dúas plantas unidas por unha escaleira interior e ten unha capacidade máxima de 6-7 persoas.

    Leer máis ...

  • Casa Cales

    Casa Cales

    A casa Cales consta dunha planta cunha zona de dormitorio en bufarda e ten capacidade para 6 persoas.

    Leer máis ...

  • Castillo de Doiras

    Castillo de Doiras

    El Castillo de Doiras es una de las joyas arquitectónicas de la comarca de Os Ancares lucenses.

    Leer más ...

O fogar dos teus sonos

imprimir

A comarca de Os Ancares

Share

A comarca de Os Ancares lucenses está composta polos concellos de As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Os Ancares caracterízanse polo seu indubidable valor como reserva natural, pero os seus vales, os seus montes, os seus pobos están salpicados de vestixios fermosos e moi valiosos de diferentes épocas, co engadido de conservarse nunha contorna apenas alterada polo home.

Os conxuntos de pallozas constitúen o monumento máis importante, poden admirarse en Piornedo, no Cebreiro, en Campo da auga e aisladamente noutros recunchos da comarca.

Castelos medievais como os de Doiras ou Donís, pazos, igrexas románicas e prerrománicas e varios castros prerromanos, ofrecen ao visitante a oportunidade dunha verdadeira inmersión en idades perdidas.

imprimir

¿Qué se pode ver?

Share

Nos arredores da casa rural hai moita historia e algún dos lugares que podemos visitar son os seguintes:

- Castelo de Doiras

- Castro de Cervantes

- Pallozas e hórreos en Piornedo

- Antiga igrexa parroquial de San Xoán de Mosteiro

- Castelo de Quindós

- Casa torre de Donís

- Casa palacio de Pando

- Castro de Santa María

- Igrexa e castro de San Román

- Capelas de Castelo, Castro, Cereixedo e San Antonio (Dumia)