LogoTeléfono de reservas: 638828492 (Pablo) - 676352254 (Ana)
Correo: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

imprimir

¿Cómo chegar?

Share

Situación

A nosa casa rural está situada en Doiras, no concello de Cervantes,provincia de Lugo. O Concello de Cervantes pertence á Comarca dos Ancares Lucenses e o seu capital está situada en San Román de Cervantes.

Cómo chegar

A forma máis sinxela de chegar á casa é collendo a saída 451 da A-6 na provincia de Lugo, dirección N-VI / Becerreá / LU-722 / Navia de Suarna / Cervantes. Atravésase unha rotonda e séguese na mesma dirección. Aproximadamente a 1 km cóllese a estrada LU-722. Aproximadamente a uns 6 km hai un desvío cara á LU-723. Seguindo esta estrada chégase a Doiras e cruzando a ponte sobre o río Vilarello atópase a casa á súa esquerda.

Coordenadas do GPS

As coordenadas xeográficas da casa que teremos que introducir no noso GPS son as seguintes:

- 42º 47' 06.5'' N

- 06º 58' 59.5'' W