LogoTeléfono de reservas: 638828492 (Pablo) - 676352254 (Ana)
Correo: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

imprimir

Entorno

Share

Comarca

A comarca de Os Ancares lucenses está composta polos concellos de As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Os Ancares caracterízanse polo seu indubidable valor como reserva natural, pero os seus vales, os seus montes, os seus pobos están salpicados de vestixios fermosos e moi valiosos de diferentes épocas, co engadido de conservarse nunha contorna apenas alterada polo home.

Os conxuntos de pallozas constitúen o monumento máis importante, poden admirarse en Piornedo, no Cebreiro, en Campo da auga e aisladamente noutros recunchos da comarca.

Castelos medievais como os de Doiras ou Donís, pazos, igrexas románicas e prerrománicas e varios castros prerromanos, ofrecen ao visitante a oportunidade dunha verdadeira inmersión en idades perdidas.

Qué visitar

Nos arredores da casa rural hai moita historia e algún dos lugares que podemos visitar son os seguintes:

- Castelo de Doiras

- Castro de Cervantes

- Pallozas e hórreos en Piornedo

- Antiga igrexa parroquial de San Xoán de Mosteiro

- Castelo de Quindós

- Casa torre de Donís

- Casa palacio de Pando

- Castro de Santa María

- Igrexa e castro de San Román

- Capelas de Castelo, Castro, Cereixedo e San Antonio (Dumia)