LogoTeléfono de reservas: 638828492 (Pablo) - 676352254 (Ana)
Correo: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

  • Exterior de la casa

    O fogar dos teus sonos

    A casa está situada nunha contorna de gran beleza rodeada por dous ríos de augas cristalinas.

    Leer máis ...

  • Casa Vilarello

    Casa Vilarello

    A casa Vilarello está composta de dúas plantas unidas por unha escaleira interior e ten unha capacidade máxima de 6-7 persoas.

    Leer máis ...

  • Casa Cales

    Casa Cales

    A casa Cales consta dunha planta cunha zona de dormitorio en bufarda e ten capacidade para 6 persoas.

    Leer máis ...

  • Castillo de Doiras

    Castillo de Doiras

    El Castillo de Doiras es una de las joyas arquitectónicas de la comarca de Os Ancares lucenses.

    Leer más ...

O fogar dos teus sonos

imprimir

A lenda de Aldara

Share

Fai moito tempo, no castelo de Doiras, moraba un cabaleiro de nome Froiaz, con dous fillos: Egas e Aldara.

Aldara, nova e fermosa, contaba coa devoción de Aras, fillo doutro señor dun castelo próximo, e como o seu amor foi correspondido, e levando ben as familias, anunciouse o seu casamento. 

Unha tarde, Aldara desapareceu do castelo. Pai e irmán buscaron por todo o castelo pero non lla econtró; ao fin un ballestero trouxo noticias dicindo que a viu dirixirse a media mañá cara ao regato próximo. Temendo unha desgraza, pai, irmán, criados e escudeiros, percorreron as beiras do rio sen atopala. Entón mandaron un mensaxeiro ao prometido de Aldara que se presentou desconsolado, acompañado das súas xentes e, así todos, emprenderon a procura por montes e bosques, chozas e caseríos... logo dalgúns días de procuras infrutuosas, consideraron definitiva a perda de Aldara, imaxinándolla malferida por algún xabaril, algún oso ou devorada polos lobos...

Castillo de DoirasMoitos anos máis tarde Egas, estando de caza no monte de Galo Monteiro (galo montés ou monte urugallo), divisou unha fermosa cerva branca. Dun disparo único e certeiro terminou coa vida do animal, pero non se decatou de que era imposible levala ata o castelo polo seu peso excesivo (ou, talvez, porque a neve dificultaba o transporte), así que lle cortou a pata dianteira á cerva (para sinalar que o animal pertencíalle, ou para poder mostrar un trofeo que dese conta da súa fazaña).

E cando foi a mostrarlle ao seu pai a pata da cerva, contándolle o éxito obtido, arrepiados, viron como Egas sacaba da bolsa unha man; unha man fina, branca, suave; unha man de doncela hidalga. E nun dos dedos daquela man relucía un fermoso anel de ouro cunha pedras rojay amarelas. Pai e fillo acordáronse de que aquel era o anel da malhadada Aldara. Con ánimo dolorido cabalgaron cara á cima do monte, cara ao lugar onde Egas matara á cerva. Alí atoparon, tendido no chan, o cadáver de Aldara, co seu vestido branco e unha gran mancha vermella xusto sobre o corazón do que saía un venablo, e a quen lle faltaba unha man.

Por moito que indagaron pai e irmán, xamais se soubo nin quen, nin a razón pola que Aldara fora convertida cerva.